Ourense |
Pese ó dato negativo dos 126 parados máis na provincia de Ourense en xullo, contra a tendencia de descenso a nivel nacional, os datos reflicten aspectos positivos como o incremento de afiliados á Seguridade Social onde rondamos os 110 mil o que supón unha cifra récord dende o 2007.
Foron 717 novas incorporación.
É precisamente este o dato que salienta a Consellería de Emprego da Xunta de Galicia que lembra que na nosa comunidade -pese ó aumento do paro- foi un aumento histórico a cifra de afiliacións á Segudiade Social.