Pleno PXOM

O Psoe saca adiante a aprobación inicial do plan de urbanismo de Ourense co respaldo do BNG

O goberno socialista, en minoría no Concello de Ourense logrou a complicidade do BNG para sacar adiante a aprobación inicial do novo plan de urbanismo que será exposto no edificio do Banco de España da rua do Paseo, durante tres meses.

ondacero.es

ourense | 08.11.2013 18:39

veciños marcelo macias | onda cero

O goberno socialista en minoría no concello de Ourense logrou a "complicidade" do BNG para sacar adiante a aprobación inicial do novo plan de urbanismo que será exposto no edificio do Banco de España da rua do Paseo, durante tres meses, un mes máis do previsto por lei, atendendo a emenda presentada pola oposición.

A edil de urbanismo, Aurea Soto destacou o "intenso traballo e xestión" para poder sacar adiante o novo plan trala caída do de 2003 que fora aprobado polo Partido Popular. Este novo plan prevé ate 2039 unhas 19.000 vivendas e o desenrolo das novas infraestructuras coma a depuradora, a estacion do ave e o desenrolo termal.

A socialista Aurea Soto asegurou que non quería que se repetisen "erros do pasado" e polo tanto fixose un plan "sostible". Soto arremeteu contra o voceiro do PP, Rosendo Fernández ao que acusou de ir ao pleno a "defender intereses particulares" e de estar do lado do PP que propiciou  que o plan de 2003 fora anulado xudicialmente. Mentres o voceiro do PP Rosendo Fernández argumentou que o PP hoxe decidia absterse na votación porque o plan levouse con moito "oscurantismo" ademais de ser "cutre, antisocial e pouco ambicioso".
Dende democracia ourensá votaron en contra por entender que a edil Aurea Soto fixo un plan "a sua medida, de xeito megalómano e mantendo os pelotazos" do goberno popular de Manuel Cabeza. Ademais reprocháballe aos socialistas que levasen a pleno un plan que contou con reparos do interventor.

O nacionalista Xosé Somoza lamentou que DO defenderá ao interventor e o PP aos empresarios interesados na especulación. Somoza aclaraba que o voto do BNG é  aunha aprobación "técnica" dun plan no que o importante son as aportacións dos veciños que se fagan na exposición pública. O pleno foi seguido dende as bancadas polos veciños de Marcelo Macíaas que acudiron buscando solucións contra a sentencia de derrube que afecta ao edificio que recibíu licencia de ocupación ca socialista Aurea Soto. Precisamente Soto mailo alcalde de Ourense, Agustin Fernández comprometeronse a buscar solucións ainda que enfatizaron "que nada tería acontecido se o pp non permitise a construcción dun edificio ilegal". O popular Rosendo Fernández replicou que o goberno actual "puido ter a solución antes de permitir a ocupación"