Ourense |
A deputada ourensá no Congreso, Marga Martín presenta unha proposición non de lei na que insta á Cámara Baixa a declarar como lugar de memoria democrática o Campo de Aragón de Ourense.
A parlamentaria pide tamén que sexa colocada unha placa nos edificios do complexo cultural de San Francisco no que se lembre ás persoas que foron detidas ilegalmente. Maltratadas e torturadas durante a dictadura franquista.
Incide a deputada en que é hora de recoñecer a eses cidadáns que deron a vida polo seu compromiso e ideais democráticos.