Infraestructuras

O PSOE de Ourense reclama a circunvalación leste con acceso ó polígono de San Cibrao

A petición vai dirixida a Xunta e Deputación

Paco Sarria

Ourense |

O PSOE de Ourense reclama a circunvalación leste con acceso ó polígono de San Cibrao | onda cero ourense

O grupo socialista na Deputación Provincial reclama á Xunta e á Deputación a execución da circunvalación leste e un acceso viario real coa zona industrial de San Cibrao das Viñas.

A iniciativa socialista parte dunha eiva histórica de mobilidade que afecta ao principal motor industrial da provincia e que continúa sen unha conexión directa e de alta capacidade coa autovía A-52, o que limita a súa competitividade e condiciona o desenvolvemento industrial.