Infraestructuras

Os populares insatisfeitos coa resposta do Goberno á falla de reposición de paradas do AVE

Seguen reivindicando as paradas suprimidas en A Gudiña

Paco Sarria

Ourense |

Esta es la cara B de la sustitución de los trenes Avlo por AVE que ha anunciado Renfe | Europa Press

Os populares ourensáns no Congreso poñen de manifesto que tanto o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como o Ministro de Transportes, Óscar Puente (como RENFE) voltaron a dar un “portazo” ás demandas de reposición das frecuencias do AVE suprimidas na estación de ferrocarril de A Gudiña.

Así o sinalan despois de recibir resposta á pregunta formulada ó respecto na que se sinala que “pese a representar actualmente solo o 0.69% da demanda total do corredor, o novo esquema de servizos reforza a oferta de prazas”.

Para o deputado Celso Delgado resulta unha “desfachatez” que afirmen que se asegura unha cobertura equilibrada ó longo do día e contribuíndo á cohesión territorial”, resaltando que quenes queiran viaxar a Madrid de mañán dende alí non teñen tren ata as 12 e oito minutos.