Ensino

O Plan de Modernización da FP destiña a Galicia 18,8 millóns procedentes do Estado

Foron creadas 2580 novas prazas e 3750 bilingües

Paco Sarria

Ourense |

O Plan de Modernización da FP destiña a Galicia 18,8 millóns procedentes do Estado | onda cero ourense

O Plan de Modernización da Formación Profesional do Goberno central destiñou a Galicia 18,8 millóns de euros, segundo puxo de manifesto nunha visita á Universidade Laboral de Ourense o subdelegado Eladio Santos.

Santos salientou a criación de 2580 novas prazas de FP e de 3750 bilingües e abordou a aplicación do programa PROA+, que investíu máis de 58 millóns de euros en España para iniciativas de alfabetización dixital dende que foi posto en marcha no 2022