Piden medidas nos centros escolares para evitar sucesos luctuosos como o ocorrido en Ourense
Entregadas tres mil sinaturas no Parlamento
Ourense |
Máis de tres mil sinaturas piden ó Parlamento de Galicia medidas nos centros escolares para evitar feitos luctuosos como o do IES Prieto Nespereira no que un estudiante faleceu ó caerlle enriba o muro do ximnasio.
O propósito, segundo a comisión promotora da proposta é o de crear centros de ensino seguros.
A iniciativa popular busca que os grupos con representación parlamentaria apoien a proposta de modificar a Orde de Calendario Escolar co fin de incluir no artigo 17, que fala das Memorias dos Departamentos, a obrigatoriedade de incluir un apartado no que se detalle a consulta por medio dos titores ao alumnado dos dinstintos cursos.
Esta consulta servirá para solicitar información sobre a sua percepción de aspectos perigosos ou posiblemente dañinos.
Tamén solicitan unha recompilación da información dese apartado para que sexa tratada polo Consello Escolar de fin de curso, propoñéndose que que haxa un punto denominado “Medidas Aniais Espazos Lectivos> no que será exposta a información recollida nesas memorias, propoñendo, se é o caso, medidas correctivas axeitadas.
As sinaturas recollidas foron entregadas o pasado 18 de xullo na Xunta Electoral de Galicia para a sua validación antes de darlle traslado á Cámara Galega.