Ourense |
As plataformas e colectivos ecoloxistas da provincia de Ourense fixeron un chamamento á cidadanía para opoñerse á "invasión eólica" nos nosos montes, convocando unha concentración este domingo na praza Maior de Cartelle, ó mediodía, coincidindo co Día das Enerxías Limpas.
A mobilización pretende poñe-lo foco e denunciar diante da opinión pública a ameaza que pende sobre os concellos de Cartelle (Terras de Celanova) e Castrelo de Miño (bisbarra do Ribeiro) polo macropolígono híbrido-eólico máis fotovoltaico, que supera os 50 megawatios de potencia que se pretende instalar e que se presenta "ao procedemento fragmentado de maneira fraudulenta para evitar a avaliación por parte do Ministerio", din os convocantes.
A concentración está respaldada por diferentes colectivos ambientalistas.