Medio Rural

A Xunta entrega material de prevención de incendios os veciños de Cualedro

Entregáronse un motocultor, unha rozadoira de martelos e unha podadora de altura, concibidos todos eles especificamente para a prevención

Óscar Gómez

Ourense | 22.04.2022 09:55

A Xunta entrega material de prevención de incendios os veciños de Cualedro | onda cero

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, acompañado polo alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, fixo entrega de diverso material de prevención de incendios aos integrantes da Asociación de veciños de Atás, coa finalidade de fomentar a participación cidadá nas tarefas de xestión da biomasa e así anticiparse aos lumes.

Esta cesión enmárcase no establecido pola normativa vixente e no desenvolvemento do Plan preventivo implementado pola Consellería do Medio Rural. En concreto, distribuíuse a este colectivo un motocultor, unha rozadoira de martelos e unha podadora de altura, todo por un investimento por parte da Consellería de case 6.000 euros.

O director xeral lembrou que esta acción enmárcase nunha iniciativa “experimental e pioneira”, que o Goberno galego quere ampliar a outros tantos proxectos semellantes en toda a comunidade, cun orzamento total de 150.000 euros.

Desta forma, indicou o director xeral, os veciños poderán actuar en labores preventivos nas faixas secundarias -as máis próximas ás vivendas- mediante o uso do material entregado por parte de Medio Rural. Cabe lembrar que a xestión da biomasa nas franxas secundarias é competencia dos particulares e, de non levarse a cabo, o concello poderá executar ditos traballos de forma subsidiaria.