Ourense Provincia

A Xunta destina mais de 1,5 M€ para 25 concellos da provincia de Ourense

Manuel Pardo destacou que o fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local está dirixido a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes para obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Xunta destina mais de 1,5 M€ para 25 concellos da provincia de Ourense | Onda Cero

Manuel Pardo destacou que o Fondo de Cooperación Local é o instrumento central de colaboración financeira da Xunta de Galicia coas entidades locais. A maiores, e entre outras, establécese esta liña de colaboración, un fondo adicional cunha partida de 5 millóns de euros, dirixido a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes para obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal utilizados para a prestación de servizos ou o exercicio das súas competencias.

O representante do Goberno galego explicou as achegas poden ascender ata os 60.000 euros por municipio, sen que a contía poida exceder o custo da actuación, que debe ser dunha única fase e supoñer a posta en servizo inmediata do proxecto. Ademais tamén recalcou que nos criterios de valoración tense en conta o tipo de investimento, con maior puntuación para a substitución de caldeiras baseadas en combustibles fósiles por outras alimentadas por enerxías renovables ou reformas de cubertas a prol da eficiencia enerxética en infraestruturas de uso deportivo.

Nesta liña detallou que os concellos ourensás beneficiados foron Allariz, Avión, Bande, Beade, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Leiro, Lobios, Maside, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Porqueira, A Rúa, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia.