A Xunta anima ao sector do turismo a adherirse o bono turistico
Existen tres tipos de bonos, de 250€, 375 e 500€, dos cales a Xunta asume o 40% do gasto e os usuarios o 60% restante.
O delegado territorial explicou que ata o de agora adheríronse 97 establecementos, 15 nesta nova convocatoria, tendo a data límite para o seu consumo o 31 de decembro de 2022. Aclarou tamén o delegado territorial que nesta convocatoria a tarxeta non estivo operativa entre o 1 de xullo e o 15 de setembro.
Esta iniciativa –subliñou Gabriel Alén- naceu para fomentar a desestacionalidade turística, no marco do plan de choque impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar o consumo directo no sector turístico como consecuencia da crise do coronavirus. Os excelentes resultados das pasadas edicións permitiron consolidar esta iniciativa coma unha ferramenta de fomento do consumo no sector turístico, que foi moi ben recibida tanto polo sector turístico galego como polo conxunto da poboación.
O delegado territorial destacou a boa resposta dos negocios do ramo e o éxito que está a ter esta terceira edición entre a cidadanía, na que se inscribiron empresas como hoteis, paradores, balnearios, cámpings, aloxamentos de turismo rural, vivendas turísticas, apartamentos ou pensións e axencias de viaxes, repartidos por toda a provincia.
Tipos de Bonos
Existen tres tipos de bonos, de 250€, 375 e 500€, dos cales a Xunta asume o 40% do gasto e os usuarios o 60% restante .En canto á distribución das operacións, a provincia con maior volume de compras foi Pontevedra, que acumula case a metade do total (46%), seguida da Coruña (24%), Lugo (17,5) e Ourense (10,6%).