Vivienda

A Xunta adxudica unha vivienda en réxime de aluguer na cidade de Ourense

O delegado territorial subliñou que a Xunta habilita varios programas e medidas para atender as demandas de vivenda e recorda a posibilidade de inscribirse no rexistro oficial de demandantes de vivenda en calquera momento do ano.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Xunta adxudica unha vivienda en réxime de aluguer na cidade de Ourense | Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, entregou as chaves dunha vivenda, en réxime de alugueiro, emprazada na rúa do Vilar, no Casco Histórico da cidade de Ourense.

O delegado territorial explicou que a vivenda conta cunha superficie 50,65 metros cadrados distribuídos nun vestíbulo, cociña, salón-comedor, baño e un dormitorio. Nesta liña, indicou que ademais de garaxe, dispón na planta baixa de rocho cunha superficie útil de 5 metros cadrados, e dun lavadoiro-tendedeiro cunha superficie útil de 8,5 metros cadrados.

Durante a visita, Manuel Pardo salientou que a persoa beneficiaria, que xa se pode instalar na vivenda, pagará unha renda mensual en función dos ingresos; e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns.

O representante autonómico explicou que as persoas interesadas en optar a estas adxudicacións poden inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda en calquera momento do ano, e lembrou que o Goberno galego traballa para ampliar o abano de potenciais beneficiarios, co foco posto na xuventude.

Neste senso, vaise elevar o límite máximo de ingresos requiridos e, como novidade, nas vivendas destinadas á venda introdúcese a reserva do 30% para persoas que teñan entre 36 e 45 anos con fillos. Mantense ademais a reserva para menores de 36 anos do 25% das novas vivendas que se constrúan para venda e do 40% para as destinadas a alugueiro.