O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron a Xan Somoza e Víctor López, deportistas ourensáns convocados a unha supervisión para entrar a formar parte da concentración permanente da selección española de volei praia. Na recepción estiveron acompañados polo seu adestrador Alex Prada.
Durante os días 12, 13 e 14 de abril, os dous xogadores do Ourense Volei Praia, estarán concentrados no Centro Internacional de Volei Praia en Lorca, Murcia, para realizar adestramentos baixo a supervisión do seleccionador nacional da súa categoría.
Estes mozos ourensáns son os únicos galegos que forman parte da listaxe exclusiva de 12 xogadores de toda España que foron chamados a participar nesta supervisión. O obxectivo deste encontro é conformar a listaxe final da concentración permanente da selección española sub 18 de volei praia.
Esta participación supón un gran logro para este dous mozos ourensáns e un recoñecemento a todo o traballo que, tanto eles como os seus compañeiros, veñen realizando da man e baixo a guía do Club Ourense Volei Paia.