Deporte

Unha representación Ourensana na Airbadminton Urban Series 2022

Laura Valverde, Antonio Iglesias e Sara Ezquerro foron seleccionados pola Federación Española de Bádminton para representar a España no Airbadminton Urban Series 2022 en Utrecht.

Óscar Gómez

Ourense | 19.09.2022 09:58

Unha representación Ourensana na Airbadminton Urban Series 2022 | onda cero

Unha nova modalidade de bádminton, na praia e ao aire libre. Gran experiencia dos nosos xogadores que conseguen, xunto a Nelly Iriberri, Pelayo Lucas Pinto e Adrián Álvarez, unha medalla de Bronce na modalidade por equipos. Na modalidade 3x3 masculina, Antonio, Pelayo e Adrián conseguen levarse a medalla de bronce.

Resultados da Fin de semana

Club polideportivo ATHLOS | Onda cero

Así mesmo os xogadores Sub. 15 Beatriz López, Martina Llamas, Emma Pedrera, Pablo Freire, Lucia Cid, Paula Casas, Xoel Álvarez, Gael Rguez Perez, Gael Rguez Santamaría, Adrián Seijo e David Casas, e os Xogadorxes sub19: Eva Fernández, Mariña González, Noa Martínez, Laura Seijo, Hugo Castro, acompañados polos adestradores Laura Valverde e Óscar Rodríguez, participaron neste fin de semana no Torneo N7 Sub 15/19 nas Neves. Coa consecuencia das siguintes medallas:

OURO de Mariña González e Noa Martínez no dobres feminino sub17.

OURO de Gael R. Santamaría no dobres masculino sub15 xunto a Iker Otero do CB As Neves.

PRATA de Laura Seijo en dobres feminino sub17 xunto a Andrea Pérez do CB Tui.

PRATA de Xoel Álvarez e Gael R. Pérez no dobres masculino sub15.

PRATA de Gael R. Santamaría no individual masculino sub15.

PRATA de Martina Llamas e Beatriz López no dobres feminino sub15.

PRATA de Emma Pedrera e Pablo Freire no dobres mixto sub15.

BRONCE de Paula Casas e Lucía Cid no dobres feminino sub15.

BRONCE de Xoel Álvarez no individual masculino sub15.

BRONCE de Paula Casas no individual feminino sub15.

Club Polideportico ATHLOS | Onda Cero

Así mesmo no Master N4 Sub 13/17 que se celebrou este fin de semana en Oviedo, conseguironse tres medallas.

PRATA de Adrián Seijo en individual masculino sub13.

PRATA de Adrián Seijo e David Casas en dobres masculino sub13.

BRONCE de Laura Seijo en dobres feminino sub17 xunto a Andrea Pérez do CB Tui.