Concello de ourense

Traballos de reforma integral do parque infantil das Mercedes

Os traballos de remodelación supoñen un investimento de 47.386,02 euros e enmárcanse no plan de modernización de parques infantís da cidade, en concreto, na execución da súa primeira fase.

As obras do proxecto inclúen unha reforma integral das instalación do parque coa incorporación de catro novos xogos. Ademais, incluirase o cambio completo do caucho do chan da zona de xogos e un novo multixogo para mellorar a oferta do parque.

Óscar Gómez

Ourense | 16.11.2021 08:11

Traballos de reforma integral do parque infantil das Mercedes | onda cero

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de mellora do parque infantil das Mercedes, no parque das Mercedes. A inversión global suma un importe de 47.386,02€ euros, que permitirá a renovación completa da zona de xogos infantís.

Jorge Pumar explica que a inversión incluirá a incorporación dun novo multixogo e a renovación de todos os demais xogos de dito parque. Tamén destaca a completa renovación do chan da zona de xogos que, ademais, será ampliada para o desfrute dos nenos da cidade.

O concelleiro de de Medio Ambiente lembra que está inversión forma parte do plan de mellora e dinamización dos parques infantís da cidade co obxectivo de que sexan completamente transformados e renovados para a mellora da calidade de vida dos ourensáns e en especial dos más cativos da cidade. Pumar recorda que esta inversión é unha grande demanda dos veciños da cidade.

O plan de parques infantís da cidade, no seu conxunto, conta con actuacións integrais en todos os barrios da cidade. As intervencións abarcan desde pequenos parques ata a transformación completa das grandes zonas de xogos dos parques singulares de Ourense, como é o caso do parque Barbaña, parque San Lázaro, ou o emblemático parque do Xardín do Posío. No seu conxunto, o proxecto mobiliza un investimento de máis de 8 millóns de euros, coa previsión de actuación en máis de 70 parques da cidade, o que permitirá a instalación de máis de 500 novos xogos infantís no conxunto da cidade.