Futbol Gaélico

II Torneo "Terras de Trazo" e 7ª Xornada 2ª División da Liga masculina de Fútbol Gaélico

Cinco xogadoras ourensanas desprazaronse a Trazo para seguir aprendendo a táctica de xogo.

Óscar Gómez

Ourense | 23.01.2023 08:09

II Torneo "Terras de Trazo" e 7ª Xornada 2ª División da Liga masculina de Fútbol Gaélico | onda cero

II Torneo "Terras de Trazo"

O sábado cinco xogadoras desprazáronse ata Trazo para xogar o "II Torneo de Terras de Trazo". Amalgamadas xunto con Turonia GFG xogaron contra diversos equipos como Fillas de Brepgán F.G., Independente F.G. e Kilmacud Crokes GAA.

Malia a ausencias de bos resultados, foi unha boa oportunidade para que as nosas seguisen rodando e aprendendo táctica de xogo.

7ª Xornada 2ª División Liga Galega de Fútbol Gaélico

Pola súa parte o equipo masculino enfrontaríase o domingo contra Keltoi Estibadores F.G. (Vigo). Así sería un encontro cunha primeira parte moi desputada e moi intensa, así remataría cun marcador de 16-8 a favor do ourensanos. Na segunda parte o partido seguiría a ser moi físico pero os xogadores locais conseguirían marcar a diferenza e ir distanciándose paseniñamente do seu rival. De tal xeito que concluiría o encontro cun resultado de Auriense Campus da Auga F.G. 43 vs 16 Keltoi Estibadores F.G.