Concello de ourense

Telmo Ucha reúnese coa asociación O Cimborrio para analizar a problemática do lecer nocturno

Desde a Concellería impartíronse instrucións para reforzar os dispositivos de seguridade en prevención das incidencias derivadas desta situación.

Óscar Gómez

Ourense | 16.02.2022 09:28

Telmo Ucha reúnese coa asociación O Cimborrio para analizar a problemática do lecer nocturno | La Región

Os concelleiros de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, e Comercio, Antonio Fernández mantiveron unha xuntanza no salón de plenos do Concello coa asociación O Cimborrio, para tratar a problemática do lecer nocturno na cidade. Á reunión asistiron Carlos Vence da asocación O Cimborrio, acompañado por Hugo Filgueiras.

Na reunión analizouse a proposta da asociación de adiantar o horario de peche. Desde a Concellería de Seguridade deuse a coñecer que os informes policiais desaconsellan esa opción e púxose de manifesto que a escaseza de efectivos de Policía Nacional responsable da Seguridade Cidadá condiciona a solución de calquera incidencia derivada do lecer nocturno. En todo caso, desde a Concellería impartíronse instrucións para reforzar os dispositivos de seguridade en prevención das incidencias derivadas desta situación.

Tamén se acordou manter unha reunión o próximo mes coa Policía Nacional para estudar a situación e as posibles solucións da problemática para os veciños derivada do lecer nocturno.