A Subdelegación estrea un "punto violeta" de atención ás vitimas da violencia de xénero
O "punto violeta" ofrecerá atención e información as vítimas da violencia machista. A iniciativa extenderase pola provincia dende Xaneiro.

17 de abril de 2025
A Subdelegación do goberno de Ourense acolleu unha nova concentración de condena do último crime machista acontecido en Mallorca. O acto estivo precedido da presentación do "Punto violeta" contra as violencias machistas da propia subdelegación que se extenderá por toda a provincia e que pretende ser un ha ferramenta máis para atender ás mulleres que sofren violencia de xénero nun momento no que se incrementou o número de casos rexistrados chegando na actualidade aos 564.
O "punto violeta" está impulsado polo Ministerio de Igualdade para implicar á socieade na loita contra a violencia machista e brindar información e apoio a todalas mulleres que sofren a violencia machista ben sexa física ou psicolóxica. Dende a Subdelegación Ourensán queren ser un punto de atención con "persoal especializado e formado" para que as vítimas non estén soas fronte ao seu agresor.
Para o subdelegado Eladio Santos a violencia machista ademáis de combatila con recursos institucionais, hai que facelo dende o ámbito educativo e emocional.