TURISMO OURENSE

Sensacións e experiencias para sentirse ben en Arnoia

Poñer en valor os potenciais turísticos de Ourense aproveitando as conexións da alta velocidade é un dos principais obxetivos de "Offitravel". En Onda Cero Ourense conversamos co seu director Juan Pujales.

Jesús Álvarez

Ourense |

Ourense está a converterse nun destino de moda dende a chegada da Alta Velocidade Ferroviaria. As sinerxias que están a poñer en marcha o Instituto de Desenrolo Económico de Ourense (INORDE) dependente da Deputación de Ourense e touroperadores de Renfe coma a axencia "Offitravel" están a lograr que milleiros de persoas disfruten de experiencias únicas de natureza, cultura e gastronomía nesta provincia.

Neste mes de Maio acaban de presentarse, a carón do Balneario de Arnoia, do Grupo Caldaria, os novos paquetes multiaventura cos que según relatou a Onda Cero Ourense o Director de "Offitravel", o coruñés Juan Pujales, queren amosarlle aos visitantes "de xeito personalizado o mellor da nosa terra". Paseo en bici eléctrica pola contorna rural do Concello de Arnoia entre os viñedos do Ribeiro, surcar as augas do Miño nun ecobarco e probar os productos autóctonos son parte da experiencia que pode realizarse nunha fin de semana tendo coma punto de saída Madrid.

Nós tivemos ocasión de asistir á presentación destas novas experiencias que contaron cunha cata maridaxe de viños godellos ourensáns a cargo da enóloga valdeorresa, Cristina Murga. Á cita contou ca xerente do Inorde, Enma González, co director do Grupo Caldaria, Fernando Suárez xunto a un completo equipo de profesionais, entreles o anfitrión Juan Pujales que convertiu o seu traballo en paixón dende hai catro anos. De feito, no pantalán no que se celebrou a cata non faltou nen o máis mínimo detalle.

Cata maridaxe de "godellos" ourensáns en Arnoia ca enóloga Cristina Murga | Onda Cero Ourense
Juan Pujales, Director de "Offitravel" e Fernando Suárez, director do "Grupo Caldaria" | Onda Cero Ourense

Previamente puidemos comprobar que percorrer en bicicleta eléctrica este núcleo rural e as suas paisaxes surcadas polas augas do Arnoia e Miño é toda unha gozada, sobretodo se vas acompañado dun guía tan vitalista e dinámico coma Marcos Reguera, oriundo de Málaga pero que en tan só catro meses xa foi quen de namorarse de Galicia.

Marcos Reguera (esquerda) guía turístico de "Offitravel" nun paseo en bici eléctrica por Arnoia | Onda Cero Ourense
Visita ao mirador de Arnoia en Bicis eléctricas | Offitravel

A mediodía puidemos degustar as maravillas culinarias coas que cada dia sorprende aos comensais o "chef" do Balneario de Arnoia, Luís Pérez, un profesional experimentado e inventor xunto cos pulpeiros de Arcos do "xeado de pulpo".

Creación do Chef "Luís López" do Balneario de Arnoia | Onda Cero Ourense
Outra das deliciosas elaboracións do "chef" do Balneario de Arnoia, Luís López | Onda Cero Ourense

Na xornada, non faltou o bautismo de rio cun paseo no catamarán "Xouva" cen por cen ecolóxico onde disfrutamos da paisaxe do Miño en augas tranquilas polas que tamén discorre o "Camiño Miñoto".

Catamarán eléctrico de Arnoia surcando as augas do rio Miño | Offitravel