A segunda fase comenza esta fin de semana
CD Arenteiro loitará polo ascenso á 2ª RFEF. Barco, Ourense CF e UD Ourense pola permanencia
Esta fin de semana rematou a primeira fase da terceira división e deixou ós equipos ourensáns cos seus obxectivos definidos: ascenso e permanencia.
CD Arenteiro
O equipo de Fran Justo loitará por dúas prazas de ascenso directo a 2ª RFEF frente a dous dos seus compañeiros de subgrupo (Arousa e Alondras) e os tres primeiros clasificados do grupo norte (Bergantiños, Polvorín e Somozas). Os dous primeiros clasificados desta segunda fase (6 xornadas a ida e volta contra os equipos do grupo norte) ascenderán directamente de categoría.
A clasificación sitúa o Arenteiro na segunda posición o remate da primeira fase (acumúlanse os puntos) con 5 puntos de marxe sobre o terceiro clasificado:
1.- Bergantiños 48 puntos
2.- Arenteiro:47 puntos
3.- Polvorín42 puntos
4.- Somozas41 puntos
5.- Arousa41 puntos
6.- Alondras 37 puntos
Os catro últimos terán unha nova opción do play off de ascenso que se celebrará o remate da segunda fase.
Na primeira xornada, CD Arenteiro visita á UD Somozas
CD Barco, Ourense CF e UD Ourense
O Barco e os dous equipos da capital loitarán por permanecer na 3ª RFEF para eso deberán quedar entre os catro primeiros clasificados da segunda fase.
Nestos momentos están fóra dos postos de descenso o CD Barco e o Ourense CF, a UD Ourense está situada en sexta posición a 3 puntos da permanencia.
1.- Barco30 puntos
2.- Arzúa29 puntos
3.- Ourense CF28 puntos
4- Viveiro28 puntos
5- Ribadumia26 puntos
6- UD Ourense25 puntos
7- Atios20 puntos
8.- Estudiantil20 puntos
9.- As Pontes19 puntos
10- Fisterra17 puntos
11.- Paiosaco12 puntos
12.- Pontellas9 puntos
O polémico calendario fará que UD Ourense e Ourense CF coincidan nos seus partidos como local despois da publicación do mesmo pola Federación Galega de Fútbol. Se non hai cambios os tres ourensáns comenzarán a domicilio deste xeito:
Paiosaco - Barco
Fisterra - Ourense CF
Estudiantil - UD Ourense
A segunda fase promete unha grande tensión porque os oito últimos descenderán á Preferente Galicia