O concelleiro Antonio Fernández, xunto cun técnico municipal desprazáronse esta semana á cidade turca de Estambul para visitar a fábrica de Isuzu en Europa, e comprobar in situ a fase de manufactura dos 15 micro buses encargados para a cidade de Ourense.
O pedido leva un retraso de 2 meses, debido á carencia de suministros internacionais, agudizado pola guerra en Ucraína. Se espera a entrega de unidades a finais de marzo desde ano. En dúas semanas, un técnico do Concello deberá volver á fábrica de novo para validar a primeira unidade. Os gastos de desprazamento e aloxamento desde Madrid a Estambul, son asumidos a cargo da empresa fabricante.
Ademais destes micro ou mini buses, espérase tamén o suministro para dentro de 2 meses – retrasado por causas semellantes ás anteriores -, do forte do pedido dos autobuses municipais: os 25 da empresa Unvi, de 11 e 12 metros de lonxitude, diésel e eléctricos, que supoñen o 80% da suma económica do concurso licitado e gañado polos ourensáns. Os autobuses encargados suman un total de 40 unidades.
As primeiras unidades dos buses locais probaranse a finais deste mes polas rúas de Ourense, nun viaxe de proba onde irá “in situ” o alcalde.