Concello de Ourense

Remodelación integral da zona de xogos infantís do parque da rúa Río Cerves

O investimento alcanza os 48.352,43€, o que permitirá unha renovación integral do conxunto de xogos do parque infantil.

Óscar Gómez

Ourense | 29.11.2021 08:13

Remodelación integral da zona de xogos infantís do parque da rúa Río Cerves | onda cero

Os traballos afrontarán a reparación e mellora da zona de xogos localizados na rúa Río Cerves do barrio do Vinteún, e forman parte dos traballos do plan de mellora de parques infantís da cidade de Ourense. O investimento alcanza os 48.352,43€, o que permitirá unha renovación integral do conxunto de xogos do parque infantil

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, explica que “esta actuación permitirá a ampliación da zona de xogos do parque, remodelando todos os xogos e incorporando novas novidades para o desfrute dos nenos. A mellora inclúe unha nova superficie de caucho para a seguridade dos nenos”

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de remodelación integral do parque infantil da rúa Río Cerves do barrio do Vinteún, unha intervención que permitirá poñer a punto todos os xogos das zonas de lecer neste parque de grande afluencia de familias. Para o concelleiro Jorge Pumar, esta instalación permitirá mellorar a oferta do ocio do parque e ademais darlle resposta a unha demanda moi solicitada pola asociación de veciños do barrio.