Concello de Ourense

O Psoe reclama o Concello de Ourense revisar as licencias de ocio nocturno

“É imprescindible destapar as neglixencias das administracións públicas para que o acontecido en Murcia non volva a suceder. Mais, se cabe, agora que se aproximan as festas de Samaín”, afirma a edil Alba Iglesias.

Óscar Gómez

Ourense | 11.10.2023 08:02

O Psoe reclama o Concello de Ourense revisar as licencias de ocio nocturno | onda cero

O grupo municipal socialista reclama medidas para evitar que a traxedia ocorrida en Murcia recentemente teña cabida en Ourense. “Ambas discotecas levaban varios anos funcionando sen licenza e unha delas cunha orde de peche sen executar”, expón a concelleira e secretaria xeral de XX.SS. na cidade, Alba Iglesias.

“É imprescindible destapar as neglixencias das administracións públicas para que isto non volva a suceder. Mais, se cabe, agora que se aproximan as festas de Samaín”, incide sobre a problemática e sinala que a asociación Cimborrio estima en preto dunha quincena os locais que abren as súas portas sen contar co permiso para elo. “Sen unha licenza específica non podemos asegurar que se cumpren todas as medidas de seguridade”, puntualiza.

Nesta liña, a edil socialista lembra que as condicións do casco histórico, no que se atopan a maioría dos pubs e discotecas, son particulares e presentan varios obstáculos engadidos para os equipos de emerxencias e evacuación no caso de ser necesaria a súa intervención. “Moitos dos edificios están abandonados, con escasa ou nula separación entre eles e en rúas moi estreitas, o que supón unha tremenda dificultade para os bombeiros. Ademais da cantidade de toldos que impiden o paso dos camións”, afirma.

Todo o argumentado leva ás e aos socialistas a pensar que, de ter lugar un accidente como o de Murcia en Ourense, as consecuencias serían devastadoras. E, así mesmo, o grupo municipal quere unirse ás reivindicacións que dende Xuventudes Socialistas están a facer nestes últimos días. “Instamos ao Concello a que revise todas as licenzas dos locais de ocio nocturno e a que se intensifiquen os traballos de control policial para garantir a seguridade de todos e todas”, conclúe Iglesias.