Turismo

O Psoe pon en valor os fondos europeos para impulsar o turismo sostible

Os socialistas destacan o “importante pulo” dado polo Goberno neste senso a través dos fondos Next Generation que deixaron 6,5 millóns de euros na provincia para investimentos.

Óscar Gómez

Ourense |

O Psoe pon en valor os fondos europeos para impulsar o turismo sostible | onda cero

O PSdeG-PSOE de Ourense pon en valor a importancia de aproveitar os fondos europeos para apostar por iniciativas de turismo sostible. As e os socialistas destacan o “importante pulo” dado polo Goberno neste senso a través dos fondos Next Generation que deixaron 6,5 millóns de euros na provincia para investimentos.

Guerra e Gamote fixeron fincapé na “necesidade de que os concellos aposten polo turismo sostible” e no caso concreto de Vilardevós expuxeron varios temas de vital importancia como o xa mencionado parque de auto caravanas, a inclusión dunha variante da Vía da Prata, ou o desenvolvemento de infraestruturas que permitan a práctica deportiva na natureza. “Todos estes proxectos poden contar con axudas europeas gracias a labor do PSOE en Europa”, salientaron as e os socialistas.

“O PSOE aposta pola provincia e polo turismo sostible con plans para a mellora de infraestruturas e a creación de novas instalacións nos concellos da provincia a través dos fondos Next Generation”, salientou a candidata socialista. Guerra Vigo tamén fixo fincapé en que estes fondos chegados dende Europa “van permitir desenvolver un novo modelo de turismo sostible, adaptado as necesidades e demandas dos viaxeiros, diversificando a oferta turística e dando un maior posicionamento á provincia”.