O Psoe esixe a Manuel Cabezas explicacions pola herdanza da Plaza San Antonio
Os socialistas rexeitan e condean as difamacións de Jácome no seu intento de blanquear ao Partido Popular por se precisan reeditar o seu pacto da vergoña nas eleccións de maio de 2023.
A dirección local do PSdeG-PSOE de Ourense, e en relación coas acusacións trasladadas polo actual rexidor, Gonzalo Pérez Jácome, despois de coñecer a sentenza do TSXG sobre a concesión de licenzas urbanísticas de obra, ocupación, usos, actividade e apertura da urbanización da Praza de San Antonio en Ourense, os socialistas manifestan:
- Esta praza e o seu aparcadoiro privado obtiveron licenza municipal de edificación e apertura nos anos 1998 e 2002, baixo o mandato de Manuel Cabezas (actual candidato á Alcaldía do Partido Popular de Ourense) e o Partido Popular, que gobernaban con maioría absoluta.
- A urbanización da Praza de San Antonio foi construída nos terreos dun antigo asilo de anciáns a través da recalificación urbanística dos ditos terreos e denunciada dende o comezo pola propietaria dunha vivenda da rúa Bedoya que perdía luminosidade na súa parte traseira.
- Este mesmo goberno municipal incluíu no PXOM de 2003, o do “cambiazo de planos” que foi tumbado pola xustiza, a legalización da dita urbanización nas condicións anteriormente expostas.
- Tanto o TSXG coma o Tribunal Supremo dictaron sendas sentenzas nas que sen ordeaba a demolición da urbanización da Praza de San Antonio.
- O PSOE chegou ao goberno municipal no ano 2007 e herdou o conflito urbanístico da Praza de San Antonio e acadou a inexecución da sentenza de demolición en primeira instancia e iniciou o procedemento de legación de vivendas, locais comerciais e garaxes, evitando unha indemnización millonaria para as arcas municipais.
- Gonzalo Jácome e o seu partido Democracia Ourensana denunciaron por estas actuacións a daquelas concelleira de urbanismo Áurea Soto por esta xestión urbanística que a xustiza ratificou que foi feita conforme á legalidade e ao interese público, sendo absolta naquel xuízo, pero logrando o obxectivo político de que dimitira da corporación municipal.
- Precisamente Jácome foi o instigador e instrumento político dunha batería de denuncias neste sentido co fin de derrocar ao daquelas goberno progresista da cidade que tiña claro que o modelo de urbanismo da cidade tiña que transformarse en legal, sostible e responsable e superar a herdanza envenenada do PP que todos e todas coñecemos. Todas as denuncias quedaron arquivadas e ratificado o bo facer daquel goberno e a súa responsable en materia urbanística, o Partido Popular a cambio colocou a Jácome na cadeira de Alcalde en xuño de 2019.
En definitiva, non imos tolerar ningún tipo de difamación política con “cheiro preelectoral” froito do descoñecemento, das inseguridades persoais e do trilerismo de Jácome, e esiximos públicamente que o máximo responsable da situación, cuxo inicio data de fai 25 anos, hoxe candidato á Alcaldía do PP Manuel Cabezas, compareza públicamente para dar as explicacións oportunas de como se xestionou urbanísticamente este enclave para darlle usos maiormente privados e que hoxe poderían ser de carácter público para os veciños e veciñas de Ourense.