O Psoe denuncia o "arboricidio" levado a cobo polo Concello de Ourense
Os socialistas sinalan ao concelleiro Jorge Pumar, como máximo responsable deste “atentado medio ambiental” e acúsano de “mentir descaradamente” a cidadanía de Ourense sobre a limpeza feita no río.
Critican que as ribeiras do Barbaña estean cheas de lixo e de restos das podas e talas de árbores, cando segundo Pumar “a empresa comprometíase a retiralas”, pero a realidade “é que nada fixeron”
O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia a “chapuza” levada a cabo polo goberno municipal de Democracia Ourensana e o Partido Popular no río Barbaña, onde nos últimos días se procedeu a unha tala “indiscriminada” de árbores e plantas sen seguir uns criterios “obxectivos, realistas e ambientais” e provocando a perda de plantas milleiros de plantas ornamentais, cupresus, juniperus, cotoneaster, ou hedras, prantadas ademais non fai moito, ademais de que se tallou polo pé o érbedo máis grande de todo o río, ao pé da ponte de Ervedelo. Os socialistas critican ademais que o concelleiro Jorge Pumar “faltou a súa palabra”, pois o río continúa a día de hoxe cheo de lixo e de ramas e restos das podas.
nos últimos días se procedeu a unha tala indiscriminada de árbores
Dende o Grupo Municipal Socialista amosan a súa preocupación pola pouca altura de miras medio ambientais do bigoberno PP e DO e acúsanos de levar a cabo unha política de “arboricidio” na cidade, sen contar co asesoramento de expertos en medio ambiente e optando por talas “indiscriminadas” de árbores e plantas milenarias. Para os socialistas o acontecido no río Barbaña “non é máis que unha nova mostra de que a Jácome e os seus socios do PP, especialmente a Jorge Pumar, responsable desta desfeita, non lle interesa o futuro ambiental da cidade e o seu único obxectivo e talar e podar árbores sen seguir unhas indicacións axeitadas”.
Os socialistas acusan ao concelleiro responsable da área de medio ambiente, Jorge Pumar, de mentir “descaradamente” a cidadanía de Ourense. Segundo apuntan os socialistas “Pumar aproveitou unha das últimas xuntas de área para afirmar que a empresa encargada dos traballos retiraría as ramas e os plásticos presentes nas ribeiras do Barbaña, pero a realidade e que non retiraron nada do lixo que xeraron e foron veciños e veciñas de Ourense os que onte se mobilizaron para realizar unha limpeza”. Unha “mentira” que o concelleiro do Partido Popular volveu a repetir no pleno do Concello de Ourense durante o apartado de rogos e preguntas.
Para o concelleiro do PSdeG-PSOE de Ourense, Borja López Trigás, a situación debe “solucionarse de xeito inmediato”, xa que tal e como apunta “non pode ser que a cidadanía de Ourense teña que limpar o río Barbaña do lixo xerado por unha empresa contratada con cartos públicos para realizar esta tarefa”. O edil socialista esíxelle a Pumar e Jácome que “fagan as xestións oportunas con carácter de urxencia para dar solución a esta situación”, xa que tal e como apunta “a imaxe que dan as ribeiras do Barbaña cheas de lixo e ramas “son unha ofensa a esta cidade e o medio ambiente”.
Para o PSdeG-PSOE de Ourense esta actuación levada a cabo polo “desgoberno” de Ourense non é máis que unha nova mostra de que o goberno municipal “funciona por impulsos” e opta polo “abandono e o desleixo” e ata por “chapuzas” que supoñen “graves danos” para o noso ecosistema. Os socialistas critican que o goberno municipal limpe e pode o río Barbaña e deixe os restos de ramas no propio leito do río, provocando unha imaxe “dantesca”, ademais dos restos de lixo que se ían retirar, pero “nada se fixo”. Nos últimos días, veciños desta zona da cidade denunciaron que traballadores municipais “aumentaron aínda máis os danos, tirando ao río Barbaña todos os restos de follas presentes no paseo do Barbaña en lugar de recollelas e depositalas nun sitio axeitado”.