A empresa Iberdrola considera que o proxecto da Megacentral Conso II no concello ourensán de Vilariño de Conso “aínda non está maduro para considerar unha inversión”. Segundo a empresa, as tramitacións de proxectos renovables conlevan un proceso de información pública e de alegacións tralo que se pasa á instrucción do expedente pola delegación do goberno e á correspondente resposta privada da empresa a ditas alegacións. A continuación o procedemento é remitido ao ministerio de medio ambiente para que considere se é precisa a declaración de impacto ambiental (DIA). Neste contexto, Iberdola suliña que “non ten nengunha decisión de inversión tomada” e que se está “nas orixes dos proxecto”.
Será nunha fase posterior, “no caso de dispor dunha concesión hidráulica de longa duración e dun mecanismo de estabilización de ingresos axeitado” cando se tome calquera decisión. Namentres a hidroeléctrica indica que “sen este tipo de mecanismos de remuneración o proxecto é papel mollado”.