AVE OURENSE

O primeiro servizo matinal do Ave Ourense-Madrid detívose pola conxelación da cateneria

As baixas temperaturas da provincia de Ourense con máis de nove graos baixo cero complicaron a circulación do Ave Ourense-Madrid das 6.30

Jesús Álvarez

Ourense |

Transportes licita por 1,8 millones de euros la redacción del proyecto para adelantar tres años la llegada de la alta velocidad a Cantabria | RENFE

As temperaturas de case dez baixo cero que se rexistraron nalgúns puntos da puntos da provincia de Ourense esta madrugada conxelaron a catenaria e impediron que o primeiro Ave Ourense Madrid puidera circular. O tren partira as seis e media da mañá da estación de Ourense pero a circulación quedou detida case duas horas dende as 6.55 nun túnel entre Taboadela e Miamán según informaron Renfe e Adif.

Ate a zona movilizáronse garda civil, bombeiros e posteriormente un tren Alvia fletado dende a estación de Ourense que recolleu aos pasaxeiros que foron recolocados no AVLO Vigo-Madrid. Algúns expresaron as suas queixas en redes sociais, outros agradeceron o trato recibido polo persoal do tren a pesar do frio reinante.

Finalmente quenes desexaron continuar a Madrid puideron facelo no tren procedente de Vigo que saiu da capital ourensán perto das dez da mañá.