Trátase da primeira proba que se realiza este ano na provincia de Ourense a través do convenio de colaboración entre o Inorde e a Axencia de Turismo de Galicia que ten como obxectivo a dinamización turística da provincia. A “Ourense Strade Termal” pretende tamén promover a especialización da provincia de Ourense como destino cicloturista cos seus 2.000 quilómetros de estradas pouco transitadas e, polo tanto, máis seguras.
A competición, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, ofreceu aos participantes dous percorridos: o gran fondo de 110 quilómetros e cun desnivel de 1.800 metros, e un mini fondo de 80 quilómetros con 1.200 metros de desnivel acumulado, dúas distancias con tramos de terra compactada.
Os gañadores do tramo cronometrado de sterratodesta edición foron de primeiro a terceiro lugar na categoría masculina: Jacobo Ucha Rodríguez, Ángel Esmorís Felípez do Club AD Jarnachas, e Ubaldino Rodríguez de Oliveira do Club Máster Poio; e na categoría feminina: Elba Vázquez Rodríguez do C.C. Antelano, Rosa Marques de Academia de Ciclismo Alto Minho, e Patricia Rodríguez Rodríguez de As Pontes Trevinca.