Este novo vehículo poderá tramitar as sancións no momento, evitando así o traballo de papeleo posterior á vixilancia nas rúas. Trátase “dun punto de inflexión na tecnificación da Policía Local”, en palabras do concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, quen asegura que “as aplicacións van moito máis alá do control do tráfico”.
Vehículos subtraídos, condutores co permiso de condución caducado ou sen ter pasada a ITV, dobre fila, carga e descarga, excesos de velocidade, control de acceso ao centro histórico, persoas que esqueceron onde aparcaron o coche -un problema máis común do que se pensa, especialmente entre os turistas que visitan a cidade-, emisións de CO2... son só algúns dos diversos usos que se lle poden dar a este novo vehículo. “É un sistema moi complexo que se pode ir renovando con novas actualizacións de software”, resume Ucha.
O sistema Appolo está conectado ao centro de comunicacións da Policía Local, na comisaría da rúa Victoria Kent, grazas ao software Atenea, e pode chegar a vixiar toda a cidade coa axuda das cámaras de vídeo vixilancia que se instalarán nas vindeiras datas en puntos estratéxicos da cidade