Atletismo

A Pobra recibe este sábado o autonómico de marcha en pista

Nesta última fin de semana do mes de novembro, continúan sucedéndose os distintos campionatos de Galicia nas súas modalidades.

Óscar Gómez

Ourense | 25.11.2022 08:48

A Pobra recibe este sábado o autonómico de marcha en pista | onda cero

Desta ocasión será o Concello de A Pobra do Caramiñal quen organice a décimo quinta edición correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Pista na que máis de cen marchadoras e marchadores das categorías sub10 en adiante, daranse cita no sintético de A Alta a partir das 10:45 horas.

Entre a relación de participantes destaca a presenza da internacional e medallista europea Sub23 Antía Chamosa quen asume o papel de clara favorita ao título absoluto. Xunto a internacional da Gimnástica de Pontevedra, tomarán parte as lucenses Aldara Meilán e Oleksandra Kostenko así como a medallista nacional máster da S.Atlética do Trega Emilia Rodríguez entre algunhas das máis destacadas.

Na categoría absoluta masculina será Daniel Chamosa da Gimnástica quen parta como claro aspirante a estar no máis alto do podio galego, lugar no que tamén poderían estar o campión mundial máster Juan Manuel Morales así como Ismael Díaz ambos do Marineda At. ou o tamén medallista nacional Manuel Polo do Narón na categoría máster por citar algúns.

No resto de probas e categorías, salientamos a participación das campioas e campións galegos da pasada edición entre as que se atopan Alba Pérez do Atletismo Negreira; Salomé Segade do Atletismo Santiago; Pablo Sánchez Rivas, Antón Fernández e Carlota Chaos da Atlética Lucense; Tomás Bautista Bugarín do Atletismo Porriño e Soledad Pousa do Ourense Atletismo.