Medio Ambiente

Pecha o prazo para solicitar axudas para caldeiras de biomasa

O director xeral lembrou que o prazo para solicitar as axudas deste ano por parte de particulares, ás que se destinan 1,5 millóns de euros, está a punto de rematar.

Óscar Gómez

Ourense | 22.06.2023 08:51

Pecha o prazo para solicitar axudas para cadeiras de biomasa | onda cero

Fernández Vila incidiu na eficiencia deste tipo de tecnoloxía, xa que o cambio dunha caldeira de gasóleo á actual de pellets -que neste caso conta cunha potencia de 32MW- está permitindo un aforro enerxético de 20.000 kWh ao ano, así como reducir as emisións en 6.600 kg anuais.

O director xeral lembrou que o prazo para solicitar as axudas deste ano por parte de particulares, ás que se destinan 1,5 millóns de euros, está a punto de rematar. De feito, o último día será o 29 de xuño. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante caldeiras que utilicen biomasa como combustible. A contía será dun 50% cun máximo de 8000 euros por proxecto.

Dado que as axudas se outorgan por orde de solicitude ata o esgotamento do crédito, nestes momentos xa se concederon un total de 237 axudas que recibirán 960.000 euros en apoios. Ademais, hai 378 entidades adheridas. Con esta liña de axudas, o Goberno galego segue avanzando no seu obxectivo de fomentar o uso de enerxías renovables, neste caso nos fogares, coa importante redución de custos enerxéticos que supón fronte a outro tipo de enerxías.