O PP de Ourense celebra a consecución do premio “Vasoira de Platino”
O concelleiro Jorge Pumar, responsable desta área municipal desde 2019 ata setembro do 2020, pon en valor este galardón e ao traballo desenvolto polos traballadores municipais da Concellería de Medio ambiente.
O Partido Popular da cidade de Ourense celebra a cosecución do premio “Vasoira de Pratino 2020” que hoxe anunciou o Goberno Municipal e que é froito do traballo desenvolto polos populares á fronte da Limpeza da cidade, pois así consta no propio premio.
Este premio é o resultado do traballo ben feito durante a época na que estiven á fronte desta área, primando a limpeza da cidade
O concelleiro Jorge Pumar, responsable desta área municipal ata setembro de 2020, pon en valor este galardón e o trallo desenvolto polos traballadores municipais da Concellería de Medio Ambiente. “Mais é de xustiza lembrar que este premio, que sitúa a Ourense como unha das cidades máis limpas de España, é o resultado do traballo ben feito durante a época na que estiven á fronte desta área, primando a limpeza da cidade”, sinala Jorge Pumar. Así, é de xustiza lembrar que a primeira acción de Jorge Pumar á fronte desta concellería foi poñer en marcha un plan de choque de limpeza nos barrios da cidade, punto de partida esencial para o premio que hoxe é unha realidade.
Tamén se desenvolveu durante a pandemia un plan especial de limpeza para protexer á cidadanía, sempre baixo os parámetros indicados pola OMS, a Unión Europea e o Ministerio. Tamén durante o Nadal levouse a cabo unha campaña coa fin de mellorar a reciclaxe nas datas de máis consumo comercial.
Desenvolveuse tamén a experiencia piloto dun “sistema retorna” de pago por residuo, sendo ademáis un sistema pioneiro en toda Galicia, en colaboración coa asociación de comerciantes do centro e da Praza de Abastos. Tamén durante o Magosto, impulsouse unha campaña de recollida de vidro a cambio de regalar a cada cidadán un carballo co compromiso de prantalo. E sen esquecer que tamén se extendera o servizo de recollida de cartón porta a porta a toda a cidadanía, con especial incidencia entre o sector comercial. Precisamente, en colaboración con este sector comercial, tamén se difunciu un libro infantil para o fomento da reciclaxe entre os máis cativos.
Á vista de todos estos datos, que configuraron a excelente xestión dos populares á fronte da Concellería de Medio Ambiente, “o que non pode facer o goberno actual é tratar de capitalizar unha labor que lles veu dada, pois incluso fomos nós, en colaboración coa empresa Ecourense, os responsables de remitir toda a documentación a esta convocatoria estatal”, recalca Jorge Pumar.