EDUCACIÓN OURENSE

Nova protesta da ANPA do colexio Irmáns Vilar de Ourense

Nais e pais do colexio Irmáns Vilar volveron a concentrarse na capital ourensán para reclamar a admisión de 13 alumnos e alumnas sen praza garantizada no IES Otero Pedrayo.

Jesús Álvarez

Ourense |

"Coma os nenos aínda non votan, pouco lles importan" foi unha das proclamas da ANPA do Colexio Irmáns Vilar de Ourense nunha nova concentración realizada diante da Delegación de Educación para reclamar que sexan admitidos no IES OTERO PEDRAIO os trece alumnos e alumnas aos que non se lles garantíu aínda praza para o vindeiro curso.

Os pais e nais dos afectados volveron a acusar á Xefatura Territorial de Eduación de "improvisación e incumplimento da lei vixente" en relación aos centros de referencia, anunciando que van a proseguir co calendario de protestas que inclúe unha manifestación polas rúas da capital, non descartando desplazarse ate a Consellería en Compostela.