Cooperación

Nova convocatoria da Xunta para a reestructuración e reconversión de viñedos

Manuel Pardo explicou que a nova convocatoria desta liña de achegas ten como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Nova convocatoria da Xunta para a reestructuración e reconversión de viñedos | Xunta de Galicia

Nesta liña, sinalou que a través desta medida búscase incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable. Así mesmo, recalcou que con estas axudas, tamén se pretende perfeccionar o cultivo da vide en Galicia para reducir custos e orientarse mellor aos diferentes mercados, potenciando o grao de profesionalización cos conseguintes beneficios económicos para este tipo de explotacións, ao tempo que se promove a remuda xeracional.

Nova convocatoria da Xunta para a reestructuración e reconversión de viñedos | Xunta de Galicia

Requisitos da convocatoria

O representante do Goberno galego concretou que a superficie total reestruturada ou reconvertida deberá ser como mínimo de 0,2 hectáreas para aquelas solicitudes que se presenten de forma individual. Mentres tanto, para aquelas que sexan solicitadas de xeito colectivo, dita superficie será de 1 hectárea. Neste sentido, as solicitudes individuais que formen parte dunha presentación colectiva terán que ter, como mínimo, 0,2 hectáreas. En todo caso, a superficie máxima elixible será de 5 hectáreas por persoa viticultora.

Tamén detallou que a axuda á reestruturación e reconversión só poderá concederse para operacións relacionadas con replantacións con ou sen sistema de condución; para a reconversión de viñedos por cambios de variedade (sobreenxertado) ou para a mellora de técnicas de xestión; así como para a replantación de viñedos cando sexa necesario por motivos fitosanitarios por orde da autoridade competente.

Nova convocatoria da Xunta para a reestructuración e reconversión de viñedos | Xunta de Galicia

Axudas ao sector

O delegado territorial subliñou que estas axudas compleméntanse co resto de liñas executadas polo Goberno autonómico para impulsar este sector, consolidado como un dos piares da economía galega, para as que o orzamento ascende ata aos 12 millóns de euros anuais. Neste sentido, destacou que as partidas para financiar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas ou a súa promoción en mercados de terceiros países. Do mesmo xeito, salientou os apoios para a conservación da contorna paisaxística da Ribeira Sacra; así como para facilitar a actividade dos consellos reguladores ou impulsar programas de calidade.