Nace a iniciativa “Roteiros de Ourense” 50Km para coñecer a cidade
Jorge Pumar afirma estar moi satisfeito co desenvolvemento deste proxecto “onde marquei como obxectivo que as rutas elixidas sexan tanto routeiros de interese deportivo, pero que tamén se poidan converter en verdadeiras aulas abertas da historia e a bioloxía da nosa cidade”
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou os traballos para crear a primeira rede de roteiros homologados na cidade de Ourense.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, explicoulles aos membros da xunta de área celebrada esta semana para informar deste asunto que este proxecto “é un fito histórico para a Ourense, xa que por primeira vez a cidade contará con rutas homologadas para o desenvolvemento do sendeirismo tanto a nivel deportivo como para simplemente pasear pola nosa bela cidade e contorna. O río Miño será protagonista excepcional co deseño dunha ruta onde os cidadáns poderán desfrutar e descubrir os valores ambientais, históricos e arquitectónicos das ribeiras do noso río principal. Estas rutas darán un novo pulo a aposta da concellería que dirixo de traballar por un Ourense sostible e saudable para todos os veciños e visitantes da cidade”.
O proxecto propón o desenvolvemento de rutas tanto na zona de Palmés, para a posta en valor de riquezas como o mosteiro de Comba de Naves; ou recorrido pola zona de Mende, onde os viandantes poderán coñecer as riquezas do río Loña ou redescubrir os restos da calzada romana que nos leva ata o campamento castrexo de Santomé.
Jorge Pumar afirma estar moi satisfeito co desenvolvemento deste proxecto “onde marquei como obxectivo que as rutas elixidas sexan tanto roteiros de interese deportiva pero tamén se poidan converter en verdadeiras aulas abertas da historia e a bioloxía da nosa cidade”. Pumar resalta que “este proxecto será o comenzo dos traballos dunha maia de camiños para comunicar toda a cidade de Ourense por vías sostibles e seguras para familias e veciños”.
As rutas definiranse baixo criterios de cumprimento de requisitos de homologación internacionais, pero á vez o seu recorrido elíxese co fin de dar a coñecer valores naturais e históricos singulares da cidade de Ourense, non sempre coñecidos pola cidadanía.
Un exemplo é o recorrido de Palmés que nos presenta unha visita ao mosteiro de Comba de Naves, cuxo nacemento está datado no ano 888 e a súa fundación atribuíse a Alfonso III. Outras xoias podemos atopalas no camiño definido na zona de Mende, onde ademais de descubrir as riquezas do río Loña, poderanse visitar restos de gran valor como os restos da calzada romana que sirve de vía de aceso ao complexo arqueolóxico-natural do Castro de Santomé. Destacar que estamos falando dun castro datado a mediados do século I a. C., prolongando a súa existencia ata mediados da segunda centuria despois de Cristo.
Nesta ruta tamén destacan os expertos a ponte da Loña, dun só arco oxival, da que hai referencias dende comezos do século XIII, que constitúe un magnífico vestixio medieval. Ademais de antigos vestixios de restos do aproveitamento termal da cidade.
É preciso resaltar tamén a posibilidade de poder engadir ao valor histórico-arqueolóxico o do patrimonio natural, cunha vexetación característica presidida polo carballo, sobreira e aciñeira, adaptada as influencias mediterráneas da zona. Dando así como resultado unha ruta de sendeirismo de gran riqueza natural e histórica para os futuros usuarios.
A estas rutas debemos engadir a ruta do Miño, un camiño por todos coñecido, que descorre polas ribeiras do rio miño e que, neste caso, ten como fin por en valor os recursos naturais da avifauna das ribeiras, unido á riqueza termal, sen esquecer a riqueza monumental da arquitectura presente no recorrido sinalado.
Pumar destaca que este proxecto responde a súa principal liña de traballo político neste mandato, “que é por en valor o potencial dos recursos naturais da cidade como elementos tractores da mellora da calidade de vida dos ourensáns, e á vez como ser elementos diferenciadores de Ourense no mapa europeo”.