Atletismo

Os mellores marchadores de Podebrady danse cita na Coruña

Continúa avanzando o calendario cara esa importante data do 3 de xuño na que novamente a mellor proba mundial da súa modalidade, aterrará en Galicia da man do G.P. Internacional de Marcha Atlética Cantones da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez.

Óscar Gómez

Ourense | 24.05.2023 08:56

Os mellores marchadores de Podebrady danse cita na Coruña | onda cero

Desta vez, Cantones celebrarase dúas semanas despois do Campionato de Europa de marcha por equipos de Podebrady, na que a marcha española lograba uns dos seus máis importantes resultados históricos da modalidade tanto no colectivo como no individual. Nesa fantástica edición, a marcha hispana conseguía o primeiro posto no medalleiro cun total de doce medallas das cales seis foron de ouro, tres de prata e tres de bronce, acadando ademáis por parte de María Pérez, o sensacional récord do mundo da distancia dos 35 Km. cun rexistro de 2h.37:15 que sitúan á marcha española, como a hexemónica no vello continente por diante de potencias como Italia.

Si fantástico en termos de resultados foi o campionato de Europa, non menos fantástico se prevé que sexa o Gran Premio de Cantones xa que entre outros alicientes, teñen confirmada ata o momento á súa participación nada menos que trece dos e das medallistas españois de Podebrady o que sen lugar a dúbidas, representará unha excelente oportunidade de poder ver in situ ao mellor espectáculo mundial doportivo do momento.

Entre os presentes sobre o trazado coruñés, estará a máxima atración desta edición, a plusmarquista mundial María Pérez quen tomará parte sobre a distancia dos 20 Km. sendo esta nunha excelente ocasión, para medirse ás marchadoras chinesas a cuio fronte sitúase a explusmarquista mundial, precisamente en cantones fai oito anos, Liu Hong. Por si fora pouco esta mesma distancia contará co podio completo de Podebrady encabezado pola propia María Pérez, e polas españolas Raquel González e Cristina Montesinos, prata e bronce respectivamente no individual e campioas de Europa no colectivo xunto a Paula Juárez.

Non menos calidade haberá na categoría masculina dos 20 Km. xa que de igual modo o podio europeo dos 35 Km. estará ao completo nesta proba patrimonio Mundial do Atletismo. O campión individual español Alvaro Martín, o subcampión individual alemán Christopher Linke e o tamén español medallista de bronce Miguel Angel López tomarán a saída desde o mítico Obelisco coruñés. A maiores o equipo español campión de Europa dos 35 Km. estará ao completo ca presenza de Marc Tur e Manuel Bermúdez

O elenco de marchadores medallistas no campionato continental que poderemos disfrutar en Cantones, complétase ca presenza do bimedallista mundial sueco Perseus Karlstrom, prata nos 20 Km; a do español Sub20 Pablo Rodríguez, bronce individual e campión por equipos Sub20, e de Daniel Morilla integrante do equipo nacional campión de Europa Sub20

Os tamén subcampións de Europa por equipos nos 20 Km Alberto Almézcua, Diego García, e Álvaro López, pecharán a relación de medallistas españois en Podebrady participantes.