Concello de OurenseMellora no espazo de xogos do parque infantil de Santa Teresita
Os traballos centraranse nesta fase na reparación do chan de caucho da área de xogos, que sumará mais de 600 novos metros cadrados de chan continuo absorbente a impacto. En conxunto, investiranse 48.356,25 euros.
Estes traballos forman parte das actuacións que leva a cabo a Concellería de Medio Ambiente dentro do plan de mellora dos parques infantís da cidade de Ourense.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, lembra que esta acción “dálle resposta a unha demanda amplamente solicitada pola veciñanza do barrio, e continuamos a traballar para ir avanzando na mellora de máis zonas infantís por toda a cidade e o seu perímetro rural”.
Óscar Gómez
Ourense | 04.11.2021 13:28