Igualdade

Medidas laborais de apoio as vítimas de violencia de xénero

“As empresas como entidades do ámbito privado teñen na súa man ferramentas moi importantes na erradicación da violencia contra as mulleres" indica a directora xeral.

Óscar Gómez

Ourense | 25.05.2023 08:03

Medidas laborais de apoio as vítimas de violencia de xénero | onda cero

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na xornada A violencia de xénero nos plans de igualdade, inserida na oferta formativa do campus en liña da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, co obxectivo de avanzar na protección dos dereitos laborais das mulleres vítimas da violencia de xénero.

Mancha puxo en valor a iniciativa coa que o Goberno autonómico quere avanzar na difusión da normativa laboral de aplicación a estas traballadoras que, entre outros dereitos, lles recoñece a redución de xornada, a reordenación do tempo de traballo ou a flexibilización horaria.

“As empresas como entidades do ámbito privado teñen na súa man ferramentas moi importantes na erradicación da violencia contra as mulleres que van, desde a colaboración con asociacións e organizacións de protección da muller á realización de campañas de sensibilización dirixidas ao seu persoal, a información ás posibles vítimas dos seus dereitos, a mellora dos dereitos que a lei lles recoñece ou elaborar protocolos específicos”, indicou a directora xeral.