Concello de ourense

A maxia de Disney invade as rúas da cidade

Concello de Ourense e Ecovidrio colaboran na campaña OurenseAxudaReciclando, un reto solidario, onde o obxectivo é poder axudar ás familias máis necesitadas da cidade nestas datas tan significadas.

Óscar Gómez

Ourense | 20.12.2021 08:12

A maxia de Disney invade as rúas da cidade | onda cero

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente e en colaboración con Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado de residuos de envases de vidro en España, organizan a campaña solidaria OurenseAxudaReciclando, onde mediante a reciclaxe de vidro na cidade axudarase ás familias mais desfavorecidas nestas datas significadas.

O reto lanzado permitirá cambiar quilos de vidro por entradas de cine para que os nenos cativos de familias en difícil situación económica poidan desfrutar da maxia do cine nestas datas do Nadal, co visionado de “Encanto” en dous pases o vindeiro 4 de xaneiro, en dúas salas dos cines Pontevella. Os cativos beneficiarios do proxectos serán elixidos pola Concelleria de Asuntos Sociais do concello, colaboradora do evento, en función da súa situación socioeconómica e familiar.

Ecovidrio espera que este tipo de campañas “inspiren” a nenos e maiores

Para facer máis atractivo o proceso de reciclaxe da campaña, sobre todo entre os máis cativos da familia, a cidade acollerá iglús tematizados con personaxes do mundo Disney, como poden ser os míticos Mickey, Minnie, Goofy, ou O incrible Hulk. Será unha exposición que coa vistosidade convertera á rúa Curros Enríquez nun lugar de referencia para o lecer e o recordo das familias de Ourense. “Cun xesto tan sustentable como é reciclar vidro, nenos e maiores poderán gozar das súas personaxes infantís preferidas ao tempo que colaboran en propiciar unha axuda para nenos de familias en risco de exclusión”, explica Jorge Pumar.

Ecovidrio espera que este tipo de campañas “inspiren” a nenos e maiores no proceso de reciclar, acción fundamental para a loita contra o cambio climático, e a reducións de emisións de CO2 a atmosfera por parte de todos.