Ourense Provincia

O Marcos Valcárcel acolle a exposición “Acción Laxeiro”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición itinerante “Acción Laxeiro”, no marco da celebración do Día das Artes Galegas 2022 -adicado este ano a Laxeiro.

Óscar Gómez

Ourense | 03.11.2022 09:46

O Marcos Valcárcel acolle a exposición “Acción Laxeiro” | onda cero

A mostra “Acción Laxeiro”, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes en colaboración coa Xunta de Galicia, recolle tres aspectos da relación de Xosé Otero Abeledo “Laxeiro” co académico Xurxo Lobato e que amosan ao pintor de Lalín realizando a súa obra, o que engade un importante interés documental o ver o artista na súa faceta creativa.

-O proceso de realización da obra “Aparición” pintada en directo para todos os asistentes nun acto público na Galería Trinta, en Santiago o 28 de abril de 1987.

-No ano 1993, o fotógrafo retrata a Laxeiro pintando unha escaleira para publicar no libro “Galegos na escaleira” editado pola Fundación Caixa Galicia.

-Retratos de Laxeiro con Uxío Novoneyra, Jorge Castillo, Maruxa Seoane, Felipe-Senén, Abelenda, o pintor no seu estudio de Vigo.