Instalación de sensores dentro do proxecto "Nova TFE"
A Deputación impulsa unha actuación conxunta no Pazo Provincial e no Campus para optimizar o uso dos recursos enerxéticos. O obxectivo final deste proxecto é apoiar ás pemes na resposta ós retos relacionados ca necesidade de crear novas solucións industriais máis competitivas
A Deputación de Ourense está a desenrolar o proxecto “Nova TFE: Novas oportunidades de negocio para pemes baseadas nas Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (TFE)”, centrado na investigación aplicada relacionada co internet das cousas -especialmente a “smart city”- e a fabricación avanzada.
Dentro deste proxecto, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a Deputación impulsa unha actuación conxunta no Pazo Provincial e no Campus de Ourense: a instalación de equipamentos e un “kit” de desenvolvedores para a medición de distintas variables, co fin de ofrecer un laboratorio vivinte (“Living Lab”), con medidas de sensores e actuacións sobre equipos, pensados para as propias pemes como lugares de validación e centros demostradores de cara a convencer a potenciais socios financeiros e clientes.
Os sensores que se instalaron medirán variables como a presenza (control de acceso), temperatura e humidade, calidade do aire, contaminación acústica, consumo enerxético e consumo de auga, proporcionando unha serie de indicadores co obxectivo de optimizar e facer un uso eficiente dos recursos enerxéticos, xerando un menor impacto ambiental. Ademais instaláronse dúas pantallas interactivas, unha na Pazo da Deputación de Ourense e outra na Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, no Campus de Ourense, para a visualización permanente dos datos.
Obxectivos do proxecto “Nova TFE”
O obxectivo do proxecto “Nova TFE” é apoiar ás pemes en dar resposta os retos relacionados ca necesidade de creación de novas solucións industriais máis competitivas, ante a crecente competencia internacional. Todo elo, co uso eficiente de recursos e materias primas e a produción sostible. Diferenciase dos sistemas tradicionais na axilización da produción e a diminución do consumo de materiais empregados, mellorando a precisión na fabricación e cun menor impacto medioambiental.
A maiores da optimización de recursos, búscase que os emprendedores e investigadores poidan desenvolver os seus proxectos ou interconectar os mesmos a esta plataforma de xestión. Os datos que recollen estes sensores tamén estarán integrados na Plataforma “Smart City” da Deputación de Ourense.