Meteoroloxía

Importante baixada de temperaturas na provincia de Ourense con baixada da cota de neve

As temperaturas sufrirán un descenso, mentres que as máximas rexistrarán 16 graos e as mínimas chegarán aos 2º

Óscar Gómez

Ourense | 22.02.2023 07:57

Importante baixada de temperaturas e a neve volverá a cotas baixas | Faro de Vigo

Para o mércores agárdase a chegada dunha fronte fría que entrará polo litoral noroeste. Así, os ceos estarán nubrados con chuvascos que comezarán a rexistrarse no litoral coruñés e co avance da xornada irán chegando a toda Galicia. A cota de neve irá en progresivo descenso, nos 1200 metros á tarde baixando ata os 500 metros á noite. As temperaturas sufrirán un moderado a notable descenso, máis acusado nas máximas. En Carballiño esperanse máximas de 12º, en Verín esperase que maña xoves amenza con -2º e na capital para hoxe esperase unha máxima de 14º

Recoméndase circular con especial precaución polas estradas de montaña e en caso de observar algún tipo de risco non continuar.