Cooperación

Gadis impulsa o talento emerxente coa edición de 12.000 libros

Entregaranse 12.000 libros de microrrelatos en todos os Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León ata fin de existencias.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Gadis impulsa o talento emerxente coa edición de 12.000 libros | onda cero

Gadis publicou un libro que recompila os 90 microrrelatos finalistas e premiados, seleccionados entre os 2.585 que participaron no seu xa tradicional concurso, que este ano alcanzou a sexta edición e obtivo un novo récord de participación. A cadea de supermercados editou un total de 12.000 exemplares que, co título “El destino”, repartiranse de forma gratuíta en todos os puntos de venda de Galicia e Castela e León ata esgotar existencias.

Gadis reforza o seu compromiso coa promoción do talento emerxente, a creatividade e a difusión cultural. Nestas seis edicións, o concurso de microrrelatos reuniu a unha diversidade de autores, tanto pola súa orixe como pola disparidade de idades, converténdose en punto de encontro interxeracional. Este ano, os textos proceden de 31 provincias distintas. A idade dos participantes oscila entre os 14 e 92 anos.

Con esta acción, Gadis busca celebrar a cultura e fomentar o hábito de lectura entre os seus clientes, ademais de dar visibilidade ao talento dos finalistas ofrecendo relatos de menos de cen palabras que enganchan desde a primeira liña. As historias abarcan diferentes xéneros nunha demostración de que a brevidade tamén pode resultar moi expresiva.