Gabriel Alén destaca as bondades ecolóxicas da pizarra natural
O representante do Goberno galego lembrou “o labor deste colectivo empresarial a prol da dinamización do rural, e a contribución da lousa como unha aposta permanente pola innovación”.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou a importancia da Declaración Ambiental de Produto da Pizarra como a consolidación dun logro estratéxico para o sector que pretende mostrar obxectivamente as bondades ecolóxicas dos produtos de pedra, e máis concretamente da pizarra natural fronte a outros produtos para cuberta.
O delegado territorial subliñou que esta declaración reafirma a primeira declaración ambiental (DAPc) a nivel nacional, de xuño de 2013, promovida pola Federación Nacional da Pizarra (FNP), a Asociación Galega de Pizarristas (AGP) e o Colexio de Aparelladores, en colaboración coa consultora especializada ADAPTA SG e coa Dirección de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Gabriel Alén explicou que esta proclamación recolle todos os datos ambientais dun produto durante o seu ciclo de vida: información sobre as emisións de CO2, a cantidade de auga necesaria para producilo ou o esgotamento de recursos naturais. Todos estes datos, recollidos segundo normas internacionais, permiten comparar o índice contaminante dos distintos produtos e familias de produtos. O sistema DAPc, desenvolvido polo CAATEEB, é un procedemento que permite realizar as declaracións ambientais de produtos da construción. Dicir que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Clúster da Pizarra teñen asinado un convenio de colaboración en materia de sostibilidade, que frutificou na obtención desta DAP sectorial que hoxe estase a presentar.
O representante do Goberno galego, que participou esta mañá na presentación técnica no Centro Tecnolóxico de la Pizarra convidado polo presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo, e no que tamén estiveron María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e María Coutinho, subdirectora de Recursos Minerais de la Xunta, lembrou as exportacións de pizarra galega significan actualmente en torno ao 95% da produción española. No ano 2017, España exportou 475.117 toneladas (o 85% das exportacións mundiais), por valor de 253.986.501 euros. Polo tanto, Galicia exportou 285.070 toneladas por valor de 152.391.900 euros, sendo os principais países consumidores deste produto galego Francia, Reino Unido, Alemaña, Benelux, Irlanda e Dinamarca.
A importancia deste sector estratéxico para a comarca de Valdeorras e para provincia, -destacou o delegado territorial- converténdose na principal fonte de actividade económica da zona. Así, a lousa dá emprego directo a preto de 2.500 traballadores e de maneira indirecta a arredor de 10.000 persoas, representando o 26% do produto interior bruto da comarca; e concluíu pondo en valor “o labor deste colectivo empresarial a prol da dinamización do rural, e a contribución da lousa como unha aposta permanente pola innovación”.