Cultura

"A Furgoteca" segue viaxando por Ourense

A furgoteca, o novo servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, que arrancou hai uns días chega esta semana a 5 concellos de Ourense: A Gudiña, Baltar, Oímbra, Os Blancos e Vilardevós.

Óscar Gómez

Ourense | 07.03.2023 09:08

"A Furgoteca" segue viaxando por Ourense | onda cero

Este martes desprazarase a Vilardevós (praza do Concello, feira, Trasigrexa e Osoño), o mércores a Baltar (praza do Concello, feira, Tixós e Garabelos), o xoves a Oímbra (praza do Concello) e rematará a semana na Gudiña (praza do Concello, feira, O Canizo e Tameirón).

Todo o calendario cos lugares e paradas que se realizarán nas vindeiras semanas están dispoñibles xa na páxina web cultura.gal/furgoteca, nos lugares de información habituais do concello ou a través das redes sociais.

Na furgoteca pódense levar en préstamo exemplares de libros, películas, música ou xogos físicos e dixitais así como publicacións periódicas como revistas e xornais. Tamén se poden facer os trámites de expedición de carnés de usuario, formación nos sistemas de préstamos dixitais, así como distintas actividades de formación. Teñen conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora. As bibliotecas móbiles son atendidas por persoal cun perfil técnico especialista en ocio educativo e animación sociocultural.