Fundación Amigos de Galicia en colaboración co CC Ponte Vella entregan mochilas e material escolar a familias de Ourense
A Fundación Amigos de Galicia, mostra o seu agradecemento ó CC Ponte Vella tras a recollida solidaria de material escolar para campaña «Nas súas mochilas, o seu futuro».
Nas próximas semanas a Fundación Amigos de Galicia continuará facendo entrega de mochilas e material escolar nos diferentes concellos da Comunidade Autónoma para dar cobertura o gran número de solicitudes recibidas a través da páxina web e das diferentes oficinas repartidas por Galicia.
Onde a subida dos prezos dos libros de texto e material escolar dificultan que moitas familias poidan cubrir estas necesidades para os/as máis pequenos/as da casa. Estimase que o material que precisa cada alumno/a para comezar o curso 23/24 tería un valor de entre 300 – 500 euros, debido a este incremento, a entidade volta coa súa campaña solidaria de recollida de material escolar «Nas súas mochilas, o seu futuro» para intentar cubrir as necesidades que xorden nas familias atendidas que contan con recursos limitados.
No ano 2022 fixemos realidade a entrega de 1.402 mochilas no mes de setembro, pero cabe destacar que esta cifra está a aumentar ao longo do curso polas solicitudes que nos chegan dos centros escolares. Por todo iso, dende a entidade solicitamos toda a colaboración cidadá para que os menores que atendemos poidan seguir desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións.
A entidade pon a disposición das persoas que desexen colaborar, diversas modalidades de facelo.
- Mercando unha mochila solidaria.
- A través dunha doazón mediante a plataforma de pago «Bizum».
- Entregando material escolar nos diferentes puntos de recollida hablitados en cada provincia.
Tendo en conta a era dixital na que nos atopamos e onde cada ano os centros educativos avanzan na implementación dos contidos a este formato, aumenta considerablemente a necesidade de dotar ós/ás alumnos/as de dispositivos informáticos e liñas de acceso a internet. A entidade presta especial atención en dotar a estes menores de dispositivos electrónicos coma pendrives, discos duros, tablets, e/ou ordenadores, e así evitar desigualdades co resto dos compañeiros/as.