FIEIS DIFUNTOS OURENSE

As floristerías da Praza de Ourense agardan despachar máis de 4000 plantas e 2000 centros

Os praceiros ourensáns sinalan que o período comprendido entre a semana de Fieis Difuntos e os magostos pode supor case o 50% das ventas anuais

Jesús Álvarez

Ourense |

Imagen de archivo de una tumba con flores | Pexels

Semana importante na Praza de abastos de Ourense onde dende luns 28 de Outubro incrementouse a afluencia pola festividade de "fieis difuntos! na que a maior parte das ventas se centra no mercado das flores.

O presidente dos praceiros ourensáns, Emilio González asegura que entre esta festividade e a dos magostos na praza ourensán realizase entre un 30 e un 50% das ventas de todo o ano. González aconsella non deixar a compra das flores para o último momento e lembra que na praza ourensán os floristas agardan comercializar nesta semana un 75% das ventas anuais.

Para dinamizar a praza nestes días xa puxeron en marcha un mercadiño a pasada fin de semana e talleres infantis. Tamén estaba programada unha actividade de "showcooking " a cargo da Conselleria do mar e pesca para promocionar as especies de tempada anque quedou aprazada por indisposición dun dos participantes.

O presidente dos praceiros sinalou que agora o seu desexo é poder celebrar xa estas festividades o vindeiro ano na rehabilitada praza de abastos número 1 onde lembrou que existe un compromiso da Xunta de invertir un millón de euros para o plan funcional e seguen a espera de que o concello concrete a sua parte. "A pelota está agora no seu tellado", afirmou Emilio González.