A fin de semana deixou catro Campionatos de Galicia
Un total de catro citas autonómicas foron as que se produciron esta fin de semana nas localidades de Pontevedra, Ourense e Ames.
Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos longos
A primeira delas acollía nas pistas do CGTD a un importante número de lanzadores e lanzadoras que acudiron para tomar parte no Campionato Xunta de Galicia de Lanzamentos longos de inverno absoluto e Sub23.
Nas mesmas presenza destacada de varios atletas de categoría nacional e internacional quenes tomaron esta competición como importante test preparatorio para as importantes citas que están por vir como é o nacional de lanzamentos longos do vindeiro día 25 de febreiro na localidadde barcelonesa de Gava.
En relación as actucións, o disco absoluto foi domiñado tanto por María Ezquerro con 45.42 m. (MMP) como por parte de Victor Gallego da Gimnástica con 46.46 m. compartindo ese primeiro posto do podio cos domiñadores da categoría Sub23 Evelyn Fernández do Narón con 37.01 m. e Michel Cebral con 45.38
O martelo tivo na internacional e campioa de España Irene Gómez a súa protagonista cun mellor lanzamento de 56.94 m. ao igual que na categoría masculina foi o tamén campión de España Eric Méndez con 57.81 m. logrando en ambos casos o título absoluto e Sub23.
Por último a medallista nacional absoluta de xavelina Carmen Sánchez lanzaba ata os 49.61 m. domiñando a competición polos 45.77 m. da campioa de España Sub20 do ano pasado Paula Piñón quen lograba o título Sub23. En homes, triunfos para o subcampión galego absoluto Jonathan Correa da Gimnástica con 56.91 m. e para o campión de España Sub20 Pedro Santos quen facía o propio na Sub23 con 54.66 m.
Xornada dobre en expourense
No que atinxe é pista cuberta, Expourense contou cunha intensa actividade nesta fin de semana xa que se desenvolveron nada menos que os Campionatos Xunta de Galicia Sub10/Sub12/Sub14 e máster nos días do sábado e do domingo.
Nas categorías base do noso deporte, moita participación e motivación foi a que amosaron todas e cada un dos atletas participantes achegados de todos os recunchos da nosa comunidade, e onde o maior premio foron as aprendizaxes e experiencias recibidas. A maiores compre destacar o excelente comportamento no deportivo de todas e cada un dos participantes, de maneira en especial a de Carmen Paz do Atletismo Noia quen sobre a proba dos 500 m. Sub14 lograba unha nova mellor marca autonómica. De igual modo tamén resultaron salientables as mellores marcas autonómicas Sub10 dos atletas de altura Alvaro Catarino do ADAS CUPA e Adrián Vila do Real Club Celta.
Campionato Xunta de Galicia Máster
O campionato de Galicia máster tamen foi outro dos pratos fortes desta fin de semana na pista cuberta. Moita participación e importante presenza de atletas internacionais sobre o sintético ourensá que deron calidade a esta competición. Tanto nos concursos como nas distintas carreiras producíronse moitas mellores marcas personais así como varios récords de Galicia nas distintas categorías.
Con esta cita ponse a punto a engranaxe para a proba máis inminente é importante da pista cuberta como é o Campionato de España da modalidade que terá lugar os vindeiros días 3 e 5 de marzo en Antequera.
Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta
Por outra banda a localidade de Ames deu acollida a un novo campionato de Galicia de marcha en ruta que tivo na marchadora internacional Aldara Meilán da Atlética Lucense e no campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda aos novos campións de Galicia na categoría Absoluta.
Sobre un bo trazado, foron desenvolvéndose o resto das categorías que deixaban os seguintes campións e campioas galegas
Absoluta. Aldara Meilán (At. Lucense) e Juan Manuel Morales (Marineda At.)
Sub23. Alba Pérez (C.A.Negreira)
Sub20. Salomé Segade (C.A.Santiago)
Sub18. Aldara Meilán (At. Lucense) Pablo Sánchez (At.Lucense)
Sub16. Alba Morales (Marineda At.) e Diego García (Vila de Cangas)
Sub14. Alicia Espiña (ADAS CUPA) e Tomás Bautista (At. Porriño)
Sub12. María Fernández e Antón Fernández da Atlética Lucense
Sub10. Paula Morales e Simón Lorenzo do Marineda Atlético
Máster40. Juan Manuel Morales (Marineda At.)
Máster50. Mª Soledad Pousa (Ourense At.)
Máster45. Emilia Rodríguez (Trega) e Manuel Polo (At.Narón)