Luz María Domínguez foi a que máis laureada tras gañar o 400 F60 subcampioa nacional, sumar bronce nos 200 e colgarse o ouro no relevo mixto. O máis relevante, ademais destes logros deportivos, foi que con prata nos 400 Luz María acadou a súa medalla número 100 en campionatos nacionais, unha colección que comezou en 1999 en Talavera e que non deixou de medrar ata a pasada fin de semana.
Domingo Álvarez, que chegou ao campionato tras superar os últimos problemas físicos, logrou o ouro nos 800 M65, tendo que abandonar a loita noutras das súas probas habituais como os 400 e 1500 para futuras ocasións. A participación de Burgas completouse co título nacional no relevo mixto 4x200, proba na que tamén marcaron un novo récord de España na categoría 60. Os catro integrantes do equipo foron María Aida Fernández, Rafael Rodríguez e a citada Luz María. Domínguez e Domingo Álvarez.
Outras medallas de Ourense
Javier Viteri, prata no peso M60, e Beatriz Viteri, ouro no salto con pértega F35, que están en activo no Samertolameu de Moaña, sumaron outras dúas medallas para o atletismo ourensán.